Servicios

Medicións forestais
No noso compromiso co sector forestal, ofrecemos unha ampla gama de servizos de medición e avaliación que respaldan a xestión sostible dos recursos naturais.
Os nosos expertos especialízanse en diversas áreas clave.

Proxectos e asesoramento técnico e xestión de axudas forestais para particulares e MVMC
Na nosa empresa, dedicámonos ó asesoramento técnico e xestión de axudas forestais tanto para particulares como para MMVVMC (Montes veciñais en man común).
Estamos comprometidos para proporcionar solucións sólidas e personalizadas para maximizar a xestión sostible dos recursos forestais. Conta connosco para orientarte ao longo de todo o proceso, desde a planificación inicial ata a obtención de axudas e subvencións que permitirán mellorar a xestión do teu monte ou terreo forestal.

Proxectos de Ordenación de Montes e Plans de Xestión Forestais
Na nosa empresa, especializámonos na redacción de Proxectos de Ordenación de Montes e Plans de Xestión Forestais. O noso equipo de expertos traballa man a man contigo para desenvolver proxectos e plans personalizados para a xestión dos diversos aproveitamentos do monte, de xeito tal que optimicen o seu valor económico, social e protector, garantindo a súa sustentabilidade no tempo.